lunes, septiembre 25, 2017

Adrián Pardo presenta os avais que formalizan a súa candidatura ao X Congreso autonómico de Novas Xeracións

O candidato ao X Congreso autonómico de Novas Xeracións de Galicia, Adrián Pardo, presentou  os avais que formalizan a súa candidatura, un total de 247. O conclave terá lugar os días 22 e 23 de setembro en Santiago de Compostela, coincidindo co primeiro aniversario da terceira vitoria por maioría absoluta de  Feijóo nas eleccións autonómicas.   Deste xeito, o PP de Galicia estende o seu proceso de renovación interna tamén á súa organización xuvenil, logo de comezalo desde hai case un ano a nivel local, algo que continuará nos vindeiros meses.
Adrián Pardo é natural de Oleiros, graduado en Dereito e cursou un posgrao en xestión de riscos e seguros. Leva sete anos vinculado á organización xuvenil dos populares galegos, e nos últimos meses desempeñou o cargo de secretario xeral na xestora da provincia da Coruña.

No hay comentarios: