martes, junio 13, 2017

UNHA DAS PEORES NOTICIAS PARA GALICIA

O  Grupo Popular apoiou a aprobación no Parlamento galego dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a realizar un informe que analice as consecuencias da reestruturación bancaria en Galicia, a situación de concentración do mercado bancario e as súas consecuencias para as persoas usuarias de servizos financeiros na Comunidade galega. Pedro Puy recoñeceu que “a absorción do Banco Popular polo Banco Santander acentúa aínda máis a situación de oligopolización do sector financeiro que vivimos non só en Galicia, senón tamén no resto de España”, chegando a cualificar esta absorción como “unha das peores noticias para Galicia nos últimos tempos”

No hay comentarios: