viernes, junio 23, 2017

REUNION DO PP NA MARIÑA LUCENSE

Elena Candia, acompañada do secretario xeral, Carlos Armesto, e do coordinador desta formación política en A Mariña, José Manuel Balseiro, liderou a xuntanza deste luns, na que trasladou aos alcaldes e voceiros do PP desta zona, que os dezaséis concellos da comarca percibirán preto de 4,7 millóns de euros dentro do Plan Único da Deputación; iniciativa que puido saír adiante logo das negociacións emprendidas polo Grupo do PP co Goberno provincial, e que permitirá á execución de nova obra pública, o mantemento e creación de emprego, a mellora dos servizos sociais e a promoción cultural, turística e deportiva na comarca.
No encontro participaron os rexedores e portavoces dos municipios desta zona, que son Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove.Por esta orde, as cantidades que lles corresponden a cada un, dentro da iniciativa que foi aprobada o pasado venres por unanimidade, son: 255.009 euros, 255.727 euros, 333.826 euros, 270.913 euros, 375.645 euros, 238.937 euros, 288.098 euros, 283.861 euros, 255.700 euros, 396.569 euros, 224.132 euros, 236.603 euros, 268.582 euros, 241.216 euros, 500.000 euros e 258.571 euros. Deste xeito, as obras que se executarán nos vindeiros meses, así como as actuacións que se levarán a cabo en materia laboral, social, turístico, deportiva e cultural beneficiarán aos máis de 72.574 veciños destes 16 concellos.

No hay comentarios: