viernes, julio 07, 2017

O PP DE LUGO VALORA COMO EXITO SIGNIFICATIVO AS SUAS XUNTANZAS COMARCAIS

O PP de Lugo  destaca, unha vez concluídas todas as reunións convocadas para dar conta do traballo do Grupo provincial para a posta en marcha do Plan Único da Deputación, o éxito “significativo” destas xuntanzas. E é que conseguíu reunir en tan só sete encontros a máis de 500 persoas.  Elena Candia quixo subliñar "que foron reunións moi produtivas, nos que máis que unhas citas convocadas por un Partido, foron sesións de traballo para trasladar á cidadanía as intensas negociacións que tivemos co Goberno provincial. O noso obxectivo non era outro que, se se me permite a expresión, presionar aos socialistas para que ningún dos 67 Concellos quedasen fóra. A realidade é que este Plan é xusto e equitativo. Isto é polo que pelexamos e delo nos sentimos orgullosos”.
O PP de Lugo explicou nun témpo récord este papel decisivo non só aos alcaldes e representantes da mesma nos distintos municipios, senón que foron reunións nas que tamén se contou coa asistencia e participación dos veciños residentes en cada un deles; “cuestión que aínda resulta máis gratificante, pois de nada servirían estes encontros se non nos escoita quen nos ten que escoitar, que é a cidadanía, pois, en última instancia, é a quen nos debemos e por quen nos mobilizamos”.

Estas sesións de traballo deron comezo o domingo 18 de xuño, en Baleira, a onde foron convocados, ademais deste Concello, os de Baralla, Cervantes, Becerreá, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro e Ribeira de Piquín. O luns 19, en Foz; acudiron Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove. O martes 20, en Outeiro de Rei; déronse cita Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Lugo, Meira, Outeiro de Rei, Pol, Portomarín e Rábade. O mércores 21, en Sarria; O Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Samos, Sarria e Triacastela. O xoves 22, en Monforte; Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao e Sober. O luns, 26 de xuño, en Chantada; Antas de Ulla, Carballedo, Chantada, Monterroso, Palas de Rei e Taboada. E, onte, martes 27, en Vilalba; Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba e Xermade.

No hay comentarios: