lunes, junio 19, 2017

O PP DE LUGO RECLAMA UN PLAN ESTRATEXICO DE SUBVECIONS NA DEPUTACION

O Grupo Provincial do PP demándalle á Deputación de Lugo que elabore, presente e someta á aprobación do seguinte Pleno o Plan Estratéxico de Subvencións, posto que xa teñen transcorrido máis de dous meses desde que se aprobaron os Orzamentos da institución provincial para o ano 2017 sen que nada se saiba deste documento que debe procurar e garantir a simplificación e racionalización de convocatorias e trámites públicos para a concesión de axudas públicas.
Desde o PP reivindican a necesidade de contar con un Plan Estratéxico de Subvencións co obxectivo de mellorar os niveis de eficiencia e eficacia na xestión do gasto público subvencionable. “Supón unha forma de evidenciar qué se fai e qué resultados se obteñen co diñeiro público da Deputación que se materializa a través do gasto subvencionable e en qué medida se lle dá resposta ás demandas socio-económicas dos administrados”.

No hay comentarios: