lunes, junio 26, 2017

O PP DE LUGO NA COMARCA DE LEMOS

A dirección provincial do PP de Lugo continúa o seu periplo pola provincia para trasladar aos alcaldes e voceiros desta formación política as negociacións levadas a cabo co Goberno da Deputación para a posta en marcha e aprobación por unanimidade do Plan Único. A finais da semana pasada convocou aos líderes do Partido na comarca de Lemos, cuxos Concellos recibirán 2,5 millóns de euros para a execución de obras, emprego, servizos sociais, e actividades culturais, deportivas e turísticas.
Concretamente, no encontro participaron os representantes de Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao e Sober. En total, cos de hoxe, 52 concellos dos 67 existentes, xa recibiron da presidenta Elena Candia a información correspondente ás actuacións que se van executar nestas localidades.
“Un día máis queremos poñer en valor o traballo do noso Grupo na Deputación. Coincideredes comigo en que moitos dos Concellos que aquí estades representados, se non fose polas negociacións do noso Partido, é probable que moitos quedásedes fóra. Como sabedes, esta foi a tónica dominante ata que se producíu o proceso que provocou que hoxe o PSOE goberne en minoría. Nós estamos para facer unha oposición útil, e creo que así quedou demostrado nesta iniciativa e, sobre todo, que, estou convencida, os cidadáns desta comarca, e de toda a provincia, o saberán valorar. Hoxe creo que a ninguén se lle escapa que fomos a pinza para poñer fin a esa etapa na que o organismo provincial só colabora se eras amigo. Se non o eras, date por olvidado”, indicou a presidenta provincial.

No hay comentarios: