jueves, junio 22, 2017

GALICIA NA VANGARDA DA LOITA CONTRA O CAMBIO CLIMATICO

Feijóo destacou o compromiso de Galicia na loita contra o cambio climático a través da elaboración da Estratexia galega de cambio climático e transición enerxética 2050. Unha estratexia que definirá o noso xeito de producir e de consumir, e o compromiso por seguir investindo en enerxías renovables, por apostar pola eficiencia enerxética e por seguir apoiando as tecnoloxía de produción hipocarbónicas.
Nesta liña, afirmou que esta xornada de presentación, que reúne a figuras relevantes de distintas áreas do coñecemento, é o primeiro paso para definila. “Porque a clave do éxito do que hoxe iniciamos é implicar a todos. Temos verdades que nos unen, urxencias que nos unen e debemos polo tanto elaborar xuntos as solucións”, abundou.
Así mesmo, subliñou a necesidade de combinar a urxencia coa progresividade, “xa que sería equivocado –dixo- practicar un ecoloxismo ilustrado que prescindise da implicación activa do pobo”.
Durante a súa intervención, Feijóo reiterou o compromiso da Comunidade cos obxectivos do Cumio de París de 2015: manter o incremento da temperatura media global do planeta por debaixo dos dous graos centígrados e, se é posible, por debaixo de 1,5.

No hay comentarios: