miércoles, junio 07, 2017

CAMPAÑA DE VERAN PARA 9500 MOZOS GALEGOS

Feijóo subliñou que máis de 9.500 mozos galegos poderán participar nas actividades de ocio e tempo libre da campaña de verán 2017 organizadas pola Xunta, un 6% máis de prazas que o ano pasado e 1.500 prazas máis que ao comezo da lexislatura pasada.
Baixo a lenda “O teu verán colle nunha mochila”, Feijóo subliñou que, cun investimento reforzado de case tres millóns de euros –un 11% máis que na anterior edición- , a campaña estrutúrase en cinco eixes.
O primeiro eixe: campamentos para mozos de entre 9 e 17 anos en 22 albergues (6.400 prazas), abertos, como xa ven sendo habitual nos últimos anos, á participación de descendentes de emigrantes galegos e coa reservas dunha serie de prazas para colectivos específicos. Estes campamentos serán dinamizados por máis de 900 monitores e directores.
No tocante ao segundo eixe, o titular da Xunta precisou que se trata de campamentos de intercambio con outras comunidades. Así, as prazas aumentan un 40% ata as 298 no País Vasco, Castela e León, Estremadura, Madrid e A Rioxa e, como novidade, Cantabria. E os mozos desas comunidades tamén poderán vir a Galicia para participar nos nosos campamentos.
O terceiro eixe, refírese a actividades en prazas concertadas, cunha oferta de 1.195 prazas, un 33% máis que o ano pasado. “Os nosos albergues e campamentos quedan á disposición de concellos, asociacións xuvenís, grupos informais de mozos e outros colectivos, para que estas entidades poidan organizar as súas propias actividades de verán”, precisou, engadindo que o cuarto eixe, con 240 prazas para maiores de 18 anos e descendentes de galegos residentes no exterior, comprende actividades orientadas a coñecer os Camiños de Santiago e divulgar o medio mariño, baixo o nome “Conecta con Galicia”.
En relación ao quinto eixe: campos de traballo, Feijóo subliñou que a Administración autonómica ofrece un total de 502 prazas, en Galicia, o resto de comunidades españolas e outros países do mundo.
“En definitiva, trátase dunha campaña positiva para os mozos, que teñen á súa disposición máis prazas e máis actividades neste verán”, dixo, subliñando que tamén se reservan máis prazas para fillos de mulleres vítimas de violencia de xénero, menores en garda ou tutela e mozos con discapacidade.

No hay comentarios: