domingo, junio 11, 2017

AGENDA DE FEIJOO EN CHINA

Feijóo comezou a xornada cunha reunión na Oficina Comercial de España, á que asistiron tamén as empresas que compoñen a delegación galega nesta viaxe e onde tivo lugar a presentación China, perspectivas económicas e marco regulatorio. Nela, Feijóo expuxo as vantaxes competitivas de Galicia en sectores como o agroalimentario, o téxtil, o contract ou o aeronáutico, incidindo na máxima calidade dos produtos galegos, entre os que destacou a carne, o pescado, o viño, a cervexa, o aceite e o leite. A xornada de hoxe concluirá cunha xuntanza coa Cámara de Comercio para a Importación e Exportación de Maquinaria e Produtos Electrónicos, que conta con máis de 10.000 asociados. “O obxectivo da reunión será atraer á Cámara de Comercio para que invista en Galicia ou abra novas vías de negocio para as compañías galegas destes sectores”, avanzou, subliñando que a colaboración con esta entidade permitirá ás empresas galegas atopar provedores sólidos e solventes en China; colaborar con empresas e institucións do país e obter axuda para resolver problemas comerciais.

No hay comentarios: