lunes, junio 12, 2017

100 MILLONS PARA ACTIVAR O EMPREGA EN FEMININO

Feijóo avanzou a posta en marcha do programa Emprega en feminino, que activará 100 millóns de euros para fomentar a igualdade na empresa, o emprendemento da muller, o seu desenvolvemento profesional e a súa incorporación ao mercado laboral. Estas novas actuacións buscan reducir en 46.000 o número de mulleres en paro, na liña da Axenda 20 para o emprego, que contempla a creación de entre 80.000 e 100.000 postos de traballo de aquí ao final da década.
Máis polo miúdo, Feijóo precisou que, co obxectivo de impulsar o acceso ao mundo laboral, ao que vai destinada a metade dos fondos do plan, potenciarase a certificación de profesionalidade para mulleres que se reincorporen ao mercado de traballo e incentivarase, cun 25% máis de axuda nos programas, as empresas que contraten nais paradas de longa duración para a súa reincorporación ao mercado de traballo.
Por outra banda, destinaranse 20 millóns de euros ao desenvolvemento profesional deste colectivo, a través de diferentes accións, entre as que destacan os obradoiros para desenvolver competencias, a formación para o emprego vinculado á Industria 4.0 e aos sectores estratéxicos e o novo programa Excelsia, orientado á formación de mulleres para postos intermedios.
Para fomentar a igualdade na empresa, o programa destinará máis de 5 millóns de euros encamiñados a combater a fenda salarial, desenvolver campañas de sensibilización e favorecer a contratación pública socialmente responsable das mulleres galegas

No hay comentarios: