domingo, mayo 14, 2017

UNHA EUROREXION MAIS COMPETITIVA, INNOVADORA E SOBRE TODO MAIS UNIDA

Feijóo confia que, grazas ao esforzo compartido da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, o Cumio Ibérico do vindeiro 29 de maio sente as bases dunha Eurorrexión máis competitiva, máis innovadora e sobre todo máis unida.
Nesta liña, e durante a clausura este mediodía do XI plenario da Comunidade de Traballo, Feijóo avanzou que ambas as rexións xa trasladaron aos seus respectivos gobernos unha lista de demandas conxuntas en distintos eidos.
Así, en relacións ás emerxencias, o responsable do Executivo autonómico destacou a necesidade de definir un plan territorial de emerxencias transfronteirizas, que identifique os riscos, defina plans de actuacións e dea resposta conxunta baixo un mando único.
No eido medioambiental, conscientes de que o cambio climático non coñece de fronteiras, Feijóo trasladou o apoio da Eurorrexión á creación dun foro de intercambio de información meteorolóxica e climática e mesmo operativa e institucional. E, en relación á investigación, subliñou o interese por potenciar o papel do Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía, en Braga, “un campo con moito futuro”; así como a posibilidade de lanzar convocatorias para financiar proxectos de investigación conxuntos, de cara a artellar unha oferta única de servizos de alto valor engadido para o puxante sector da biotecloxía.
Ademais de avogar por estreitar a colaboración no ámbito sanitario, o responsable da Xunta engadiu que a Eurorrexión seguirá avanzando na terceira interconexión gasista entre España e Portugal, que permita enlazar todas as entradas de gas natural licuado da fachada atlántica ao sistema ibérico.
No eido turístico, destacou a proposta de mellorar a promoción do patrimonio natural e cultural compartido, como a reserva da biosfera transfronteiriza do Gerês-Xurés e o Camiño Portugués a Santiago. E afirmou que Galicia e o Norte de Portugal traballarán cos gobernos español e portugués, para que haxa unha sensibilidade especial á reclamación de que a liña ferroviaria de altas prestacións que xa une Coruña e Vigo se estenda ata Porto.

No hay comentarios: