viernes, mayo 19, 2017

O PP DE LUGO PUNTUALIZA A DEPUTACIÓN

O Grupo Provincial do PP na Deputación de Lugo pediralle no vindeiro Pleno responsabilidades ao Goberno da Deputación de Lugo por mentir e enganar á xente sobre os obradoiros de emprego que a institución lle ten solicitado á Xunta nos últimos anos.
Desde o PP desmenten a información facilitada polo Goberno Provincial e aseguran que foron os socialistas os que entregan os expedientes incompletos, o que fixo que os obradoiros foran denegados. Elena Candia, asegura que “non existe verdadeiro interese para conseguir estes programas, como así queda á vista cando a Deputación non resolve os erros en tempo e forma de xeito reiterado”.
A popular sostén que a responsabilidade é exclusiva do Goberno provincial e lamenta que nun asunto tan serio como é a política de fomento de emprego a Deputación xogue á confrontación política en lugar de colaborar coa Xunta para ofrecerlles maiores oportunidades de traballo aos lucenses.
Desde o PP recoméndanlle aos socialistas que traballen máis e revisen os datos antes de falar, porque, unha vez máis, quedan retractados e incluso perden oportunidades laborais pola súa nefasta xestión, o que priva á provincia de novas oportunidades de emprego para aquelas persoas que están sen el.

No hay comentarios: