viernes, mayo 05, 2017

JESUS RODRIGUEZ PRESIDENTE NN.XX. SARRIA

Jesús Rodríguez Martínez e o novo presidente de Novas Xeracións de Sarria no congreso extraordinario celebrado esta fin de semana, e logo de contar cun amplo respaldo, xa que presentou o triple dos avais necesarios para promover a súa candidatura. O elixido manifestou que acepta o posto “con total orgullo e responsabilidade, ao igual que todos os integrantes do meu equipo”. Un equipo composto por: Sandra Fernández Limeres, vicepresidenta, Serafín Pontón Rodríguez, secretario, Ismael Torres Balboa, coordinador, Andrés Fernández Díaz, vogal, e Vanesa Pontón Rodríguez, vogal.
No congreso fixeron presencia o secretario Xeral do PP de Galicia, Miguel Tellado, a presidenta provincial, Elena Candia, a presidenta de Novas Xeracións, Rosa Arza, o presidente do PP de Sarria, José Antonio García, e outros cargos institucionais como o delegado da Xunta, José Manuel Balseiro, o subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, o senador, Fernando Carlos Rodríguez, e a alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias.

No hay comentarios: