viernes, mayo 26, 2017

I CONVENCIÓN DE POLITICA SOCIAL E IGUALDADE DO PP DE LUGO

O sábado 27 terá lugar, no Hotel Méndez Núñez, a I Convención de Política Social e Igualdade do PP de Lugo que congregará a especialistas na materia, quenes exporán e analizarán este asunto dende as perspectivas social, xudicial ou da inclusión.
O prazo de inscrición neste encontro remata mañá día 25 e pode facerse vía telefónica (982 242811) e telemática (www.ppdelugo.es/ pplugosocial@gmail.com). O foro dará comezo ás 10:00 horas, e contará con distintos especialistas na materia. Será inaugurado polo secretario de Estado de Servizos Sociais e Igualdade, Marío Garcés Sanagustín, así como polo vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela; o secretario Xeral Técnico da consellería de Política Social, Francisco Javier Abad Pardo; e a presidenta do PP, Elena Candia.

Acto seguido, darán comezo os relatorios. O primeiro, baixo o epígrafe “Os retos e obxectivos das políticas sociais en España, correrá a cargo do responsable estatal Garcés Sanagustín. Pola súa banda, Abad Pardo exporá os retos da administración autonómica na provincia de Lugo. Asimesmo, a secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, moderará a mesa redonda sobre a violencia de xénero, na que intervirán, dende unha perspectiva xudicial, o vicedecano do Colexio de Avogados de Lugo, Óscar Núñez-Torrón Latorre; dende o ámbito social, a secretaria Xeral da asociación Mulleres en Igualdade, Carmen Funez de Gregorio; e dende a óptica asistencial, Carmen Paredes Cabral, membro do Centro de Urxencias para Vítimas de Violencia de Xénero (CEMVI).
A convención contará, ademais, con outras dúas mesas redondas, que se densenvolverán en horario de tarde. A partir das 16:30 horas, a directora Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González Méndez, moderará a primeira sobre a situación dos menores, e na que participarán: Jesús Iglesias Vázquez, da asociación AGACEME de A Pontenova; Mónica Permuy López, presidenta da Fundación MENIÑOS; e Antonio Aparicio de Zúñiga, da Fundación CAMIÑA SOCIAL.
A continuación, terá lugar a segunda mesa redonda, que versará sobre a sobre inclusión social. Estará moderada polo director Xeral de Inclusión, Arturo Parrado Puente. Nela intervirán: Iris Castro Meitín, presidenta da asociación de Enfermos Mentais da Mariña; Mónica Seijas Rodríguez, xerente de APSNAIS; e a xerente de DOWN LUGO, Delfina Pérez Suárez. O simposio será clausurado ola coordinadora sectorial de Política Social do PP de Lugo, María José Blanco Freire, e a presidenta provincial do PP.

No hay comentarios: