miércoles, mayo 24, 2017

HOMENAXE DO PPOU A CARLOS CASARES

Xinzo de Limia acolleu a homenaxe que o PP de Ourense  ao escritor limián Carlos Casares (1941-2002), o gran protagonista da celebración, do Día das Letras Galegas. Un acto no que se lembrou a demanda formulada hai agora un ano polos populares, que reclamaban a homenaxe a Casares para poñer fin a unha “longa noite de pedra” de doce anos agardando a celebrar esta xornada cun protagonista ourensán.
A cita, que se desenvolveu na praza dedicada ao escritor na vila limiá, contou coa presenza do coordinador de política autonómica do PP ourensán, Miguel Santalices; o responsable de estudos e pensamento galeguista: César Fernández Gi; o deputado do PP no Parlamento de Galicia, Carlos Gómez; e o concelleiro de Cultura do Concello de Xinzo de Limia, Luis Miguel Gil. Diante do público asistente déronse lectura a diversas pasaxes dos libros do escritor limián como “As laranxas mais laranxas de todas as laranxas”, “Lolo anda en bicicleta”, “A galiña azul” ou “Vento ferido”, esta última obra cunha especial mención por se cumprir os cincuenta anos da publicación destes relatos curtos xuvenís que se chegaron a cualificar como “a vida mesma”.

No hay comentarios: