viernes, mayo 12, 2017

DIEGO GAGO CON NN.XX. OURENSE

Novas Xeracións pedirá ao Partido Popular que dedique máis investimentos para xerar máis oportunidades aos mozos do rural, de xeito especial no desenvolvemento de proxectos empresariais, dixo o recén elixido presidente nacional da organización xuvenil, Diego Gago, que asistiu como convidado á reunión da xunta directiva de NN.XX. en Ourense, na que estivo acompañado polo presidente provincial, José Antonio Parente, e o secretario xeral do PP na provincia, Rosendo Fernández.

No hay comentarios: