jueves, mayo 18, 2017

ALUMNOS GALEGOS ACADAN 5 DOS 15 PREMIOS NACIONAIS DE EDUCACION

Un total de cinco dos 15 Premios Nacionais de Educación ao rendemento académico do alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria no curso 2015/16 outorgados polo Ministerio de Cultura, Educación y Deporte recaeron en mans de alumnas e alumnos galegos. Así se recolle na resolución ministerial, que se pode consultar aquí, e na que se indica tamén que cada un dos galardoados recibirá 1000 euros como premio. As premiadas e premiados son Paloma Otero López, do IES Gonzalo Torrente Ballester (Pontevedra); Enrique Salvado Vigo, do IES Antonio Fraguas Fraguas (Santiago de Compostela), Eva Diz Ferreira, do CPR Plurilingüe Apóstolo Santiago; Juan Carlos Rocamonde Quintela e Alexo Castro Yáñez, ambos do CPR Manuel Peleteiro (Santiago de Compostela).
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebra este resultado, que considera unha mostra da calidade do noso sistema educativo, e felicita aos estudantes galardoados polo seu esforzo e dedicación, que xa quedou patente cando obtiveron este premio a nivel autonómico. Non en balde, é requisito para acceder ao concurso nacional ter gañado, neste caso, o premio extraordinario ao rendemento académico en ESO para ese mesmo curso, que outorga esta Consellería.

No hay comentarios: