miércoles, mayo 31, 2017

ALEXANDER DOVAL PRESIDENTE DO PP DE OROSO

“Por ganas, motivación e traballo non será”. Así de contundente mostrouse Alexander Doval tras proclamarse presidente do PP de Oroso, despois de conseguir o 100% dos votos no congreso local. Acompañado por Diego Calvo, e por Evaristo Ben, Doval subliñou que a súa formación “non escatimará esforzos” para convencer aos veciños do municipio de que os populares son a única alternativa posible para “cambiar dunha vez por todas a forma de facer política en Oroso”. Convencido de que o congreso servirá para “reforzar, preparar e unir aínda máis” ao seu partido, o presidente local agradeceu o apoio dos militantes, e subliñou a “importancia” de contar cuns compañeiros que o apoien nun obxectivo que, cada día que pasa, “estou máis seguro de que o conseguiremos”. “Temos por diante dous anos de traballo duro, de pisar moita rúa como fixemos ata agora, de non deixar ningunha parroquia sen visitar e, sobre todo, de ser un partido político que, por encima de todo, estea ao servizo dos veciños de Oroso".

No hay comentarios: