martes, abril 25, 2017

RAMON CARBALLO CANDIDATO OFICIAL A PRESIDIR O PP DE LUGO

Ramón Carballo concorrirá a presidencia da Xunta Directiva Local, no marco do Congreso que o PP de Lugo celebrará o vindeiro 26 de maio. Así o anunciou publicamente, acompañado do actual presidente Jaime Castiñeira. “Teño que dicir que o fago con ilusión, con forza e plenamente convencido. Dende logo esta non é unha decisión improvisada. É unha decisión consensuada e adoptada dende o absoluto respecto e lealdade ao Partido no que levo militando máis de 30 anos”.
A este respecto, sinalou que tomou a decisión unha vez que se convocou oficialmente o Congreso, “pero tamén é verdade que o fixen despois de que moitos militantes e simpatizantes, e mesmo cargos orgánicos do Partido, me animasen a dar este paso. A todos eles, quero trasladarlles as máis sinceiras grazas por confiar en min e por darme ánimos para presentarme a este proceso”. 
Neste senso, apuntou que esta decisión resposta ao compromiso que mantén dende sempre co PP. “Os que me coñecen saben que sempre estiven a disposición do meu Partido. Teño que dicir que o fixen sempre sen ningún tipo de afán persoal. O meu obxectivo sempre foi desempeñar o cargo que fun ocupando en cada momento coas mellores intencións e con toda a miña dedicación. De feito, con gran orgullo podo dicir que xamais utilicei ningún cargo para promocionarme persoalmente, e xa vos digo que tampouco o vou facer se os militantes confían en min para asumir a nova responsabilidade da presidencia”.

No hay comentarios: