martes, abril 25, 2017

PROGRAMA DE EMPREGO PARA MENORES DE 30 ANOS

Feijóo anunciou a aprobació dun novo programa de emprego para 10.000 mozos menores de 30 anos, a través do cal se outorgarán axudas de ata 7000 euros para completar a súa formación e incentivar a contratación. En resposta ás preguntas dos grupos no Pleno da Cámara galega, Feijóo adiantou que o novo programa permitirá formar e impulsar a contratación deste colectivo, prioritario nas políticas activas de emprego do Goberno galego, co obxectivo de consolidar así a evolución positiva que se observa no desemprego entre os menores de 30 anos.
Esta iniciativa, enmarcada na Axenda 20 para o Emprego, buscará identificar saídas laborais de acordo coas demandas do mercado de cara a contar con profesionais máis preparados en sectores que precisan cualificación especializada. Deste xeito, o plan achegará un bono de formación de 2000 euros a cada mozo para que complete a súa formación e unha achega de 5000 euros a empresa por cada mozo contratado
Durante a súa intervención, Feijóo reiterou o compromiso do Goberno galego de seguir traballando polo emprego: “Queremos que no ano 2020 haxa entre 80.000 e 100.000 empregos máis, que a taxa de paro estea no contorno do 10% e que haxa máis de 50.000 contratos indefinidos”, incidiu, na aposta polo emprego de calidade.

No hay comentarios: