lunes, abril 03, 2017

PERCORRIDO POLAS DENOMINACIÓNS DE ORIXE E IXP

Os deputados do PP Paula Prado e José González mantiveron unha xuntanza en Melide cos responsables do Consello Regulador da denominación de orixe de Arzúa-Ulloa e salientaron as potencialidades de crecemento deste queixo fóra de Galicia.
Paula Prado e José González reuníronse con responsables do Consello Regulador desta denominación de orixe, encabezados polo seu presidente Xosé Luís Carreira Valín. Na actualidade, esta denominación de orixe está integrada por 21 queixerías, cunha produción de queixo anual próxima aos 3,5 millóns de quilogramos e unha facturación superior aos 21 millóns de euros.
Esta visita enmárcase na rolda de contactos que o portavoz do Medio Rural está a realizar por todas as denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas co fin de coñecer as súas demandas, así como amosarlles o apoio do Grupo Popular polo importante papel que xogan na comercialización e promoción dos produtos galegos de calidade. O Grupo Popular continúa nesta lexislatura coa súa aposta decidida por un sector agroalimentario galego de calidade como base para o desenvolvemento do rural. Nesta liña, considérase esencial o apoio ás variedades e razas autóctonas da agricultura e gandería galegas, así como ás organizacións que garanten a calidade dos produtos galegos.

No hay comentarios: