domingo, abril 16, 2017

O TEU VERAN COLLE NUNHA MOCHILA

José Manuel Rey Varela deu a coñecer a Campaña de Verán 2017, que baixo a lenda ‘O teu verán colle nunha mochila’, pon a disposición da mocidade un amplo abano de actividades de carácter cultural, ambiental, deportivo, de ocio e tempo libre ou de voluntariado, entre outras, e todas elas coa compoñente de educación non formal. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, tamén participou neste acto de presentación que coincide co día en que se publican no Diario Oficial de Galicia as ordes da convocatoria da devandita programación. Na súa intervención, o responsable da área social do Goberno galego sinalou que a finalidade desta campaña “é que os mozos e mozas se divirtan e, ao mesmo tempo, que as actividades que se propoñen sirvan para o seu enriquecemento persoal e vital”. Asemade, sinalou que a programación de verán da Xunta contribúe a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral das familias durante a época estival. Así, a oferta total de prazas ascende a 9.572, 526 máis que en 2016, e o investimento global sitúase en 2,9 millóns de euros, un 11% máis que a anterior edición.

No hay comentarios: