miércoles, abril 26, 2017

NN.XX. OURENSE ESTARA MAIS PRESENTE NAS ELECCIONS LOCAIS DE 2019


“A todos os responsables locais do partido e candidatos nas eleccións locais de 2019 imos pedirlles que conten nas súas listas con representantes de Novas Xeracións”, anunciou  Manuel Baltar, durante o balance de xestión que o presidente da organización xuvenil popular, José Antonio Parente, fixo do seu primeiro ano de mandato. Doce meses de actividade que veñen de rematar coa elección de catro mozos de Novas Xeracións de Ourense como representantes no comité executivo e na xunta directiva nacional no congreso celebrado esta fin de semana en Sevilla.
Na comparecencia, Manuel Baltar subliñou que unha das claves para gañar nas eleccións reside “en representar nas listas a todos os sectores de poboación e este partido, a nivel provincial, sempre foi un exemplo”. No PP, engadiu, “queremos ter elixidos neste ano, con moita antelación, aos cabezas de listas das próximas municipais” e neste proceso os órganos de dirección do partido pedirán os presidentes das agrupacións locais e os candidatos que conten cos mozos de Novas Xeracións para a confección das listas municipais no 2019. “Este é un proceso de renovación –dixo- no que apostamos por harmonizar a experiencia cos máis novos, que chegan con empuxe e garra”

No hay comentarios: