domingo, abril 09, 2017

DEUS PRESIDE O PP DE MUGARDOS

“Non queremos gañar as eleccións, queremos volver gobernar Mugardos”. Así de convencido e de tallante mostrouse Domingo Deus nas súas primeiras palabras despois de ser elixido como novo presidente do Partido Popular de Mugardos, tras lograr o 100% dos votos no congreso local celebrado esta mañá. Acompañado polo presidente dos populares na Coruña, Diego Calvo, polo secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, e polo vicesecretario xeral provincial de Organización e Territorial, Evaristo Ben, Deus subliñou que a súa formación sae cun proxecto “máis unido e máis reforzado” dunha cita que cualificou como “un antes e un despois” no Partido Popular de Mugardos.

No hay comentarios: