martes, abril 04, 2017

DESCENSO INTERANUAL DO 9.38% DO PARO

Miguel Tellado valorou os datos do desemprego relativos ao mes pasado, que achegan unha caída na cifra de desempregados de 21.741 persoas con respecto ao mesmo mes do ano anterior, o que supón un descenso interanual do 9,38%.
Así, subliñou que Galicia “avanza no camiño da recuperación co mellor mes de marzo da serie histórica”, iniciada en 1996, e que “pouco a pouco estamos borrando as pegadas da crise e da súa mala xestión, malia que queda moito por facer”. “Son cifras estimulantes pero, con 210.056 parados, non podemos sentirnos satisfeitos, aínda que si reforzados na nosa convicción de que estamos no bo camiño fronte a aqueles nostálxicos da recesión”.
Nese senso, Tellado tamén lembra que Galicia “xa acadou uns niveis de desemprego inferiores aos de hai oito anos, cando no último ano do bipartito se destruía emprego a ritmo de récord”.
Sobre as tendencias que amosan as cifras, puxo enriba da mesa que este é o cuarto mes de marzo consecutivo que cae o desemprego, e que logo de que neste período volvesen a aumentar as afiliacións á Seguridade Social (un 1,98%) se completase o terceiro ano de crecemento desta cifra.
O secretario xeral quixo facer un especial fincapé no feito de que caia por riba da media a cifra de desempregados en colectivos que son de especial sensibilidade como os parados de longa duración (10,95%) ou os menores de 30 anos (14,54%), e que están concentrando boa parte dos esforzos nas políticas do Goberno galego neste eido. Con todo, Tellado insistiu en que é necesario “seguir aproveitando a boa onda” e apoiar tanto a creación de emprego como procurar a mellora das condicións dos traballadores para apuntalar a recuperación.

No hay comentarios: