viernes, marzo 10, 2017

UN PROGRAMA DEZ

Este sábado o PP de Lugo sigue cos actos do Día Internacional da Muller, centrado na extraordinaria función no rural. A Comisión de Igualdade do PP de Lugo  realizou numerosas xestións para plantexar “un programa de 10”.  Deste xeito, abordaranse os distintos desafíos deste colectivo, así como as súas principais demandas. A inauguración correrá a cargo da Directora Xeral de Desenvolvemento Rural e Política Forestal do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, Esperanza Orellana, da propia presidenta provincial e da coordinadora de Igualdade do Partido Popular de Galicia, Susana López Abella. Despois falara a pedagoga e educadora familiar do concello de Xermade, Manuela Vilaboy, sobre os retos das familias rurais galegas. Seguidamente,  haberá unha visita a unha explotación gandeira e, a partires deso, unha mesa redonda sobre o emprendemento feminino no rural. Estará moderada pola presidenta da Asociación de Mulleres e Igualdade de Burela, Mary Fraga, e intervirán a presidenta de FADEMUR Galicia, Rosa Arcos; a titular de Granxa Maruxa, Marta Álvarez; a integrante de Fish and Jobs, Exportación de pescado a nivel internacional, Alba Cao; e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro. O encontro rematará cunha visita á cooperativa de artesáns mindoniense “Os Muiños”.

No hay comentarios: