lunes, marzo 13, 2017

TRABALLO SECTORIAL DOS DEPUTADOS DO PPOU

O portavoz do Medio Rural do grupo popular, José González Vázquez, xunto co tamén deputado popular Carlos Gómez Salgado, visitaron o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, onde mantiveron una entrevista co presidente e a secretaria da entidade.

Os deputados populares recoñeceron durante a entrevista o importante traballo levado a cabo na denominación, que se traduciu nun incremento das ventas de máis dun 20 % en 2016, ata os 2.800.000 litros. Nos últimos dez anos esta denominación quintuplicou o volume de litros comercializados.
Tamén José González, Carlos Gómez e o deputado no Congreso, Miguel Ángel Viso, apuntaron a a posibilidade de poñer en marcha unha campaña de promoción da Pataca de Galicia, logo dunha reunión que mantiveron co presidente do Consello Regulador da IXP Pataca.