martes, marzo 28, 2017

RUEDA NA CONSTITUCION DO CONSELLO NACIONAL DE PROTECCIÓN CIVIL

Alfonso Rueda participou en Madrid na constitución do Consello Nacional de Protección Civil, un acto que estivo presidido polo ministro do Interior, Juan Ignacio Zoido. Na xuntanza tamén tomaron parte conselleiros doutras comunidades autónomas e representantes da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).
Este Consello foi creado pola Lei 17/2015 de 9 de xullo do Sistema Nacional de Protección Civil, e vén a substituír á actual Comisión Nacional. Ata agora, este órgano estaba integrado por directores xerais, pero o novo Consello pasa a estar formado polo ministro e conselleiros competentes na materia, así como polo presidente da FEMP. O seu obxectivo é ser unha ferramenta de cooperación entre o Estado e as comunidades autónomas nos asuntos relacionados coa Protección Civil coa finalidade de contribuír a unha actuación eficaz, coherente e coordinada fronte ás emerxencias.

No hay comentarios: