lunes, marzo 27, 2017

RUBEN SUAREZ PRESIDENTE DO PP DE NEGREIRA

Unidade, integración e portas abertas. Eses serán os alicerces sobre os que se asente a nova etapa do PP de Negreira, despois de que Rubén Suárez fose elixido presidente co 100% dos votos emitidos no Congreso Local celebrado este fin de semana. No seu discurso, xa como máximo responsable da agrupación local, e acompañado polo presidente provincial, Diego Calvo, e polo vicesecretario xeral de Organización e Territorial, Evaristo Ben, Suárez asegurou que desta cita os populares saen “moito mellor preparados” para afrontar os retos que a súa formación ten por diante. Suárez aproveitou a súa intervención para dar as grazas aos militantes, simpatizantes e veciños do municipio polo seu respaldo, e recordou que “hoxe abrimos unha nova etapa, unha nova etapa de transición, pero, sobre todo, de integración e de creación dun equipo máis forte, que nos ten que levar a gañar as próximas eleccións municipais no ano 2019”. Neste sentido, o novo presidente local quixo deixar moi claro que no Partido Popular de Negreira “ninguén é máis que ninguén, as portas do partido están abertas para todos aqueles que teñan algo que achegar”, e mostrouse confiado en que serán moitos os que se vexan identificados coa súa formación nesta nova etapa.

No hay comentarios: