martes, marzo 07, 2017

PATINAZO MONUMENTAL DE EN MAREA-PODEMOS CON EL PPdeG

O PPdeG solicitou unha desculpa inmediata por parte do portavoz parlamentario de En Marea, Luis Villares, pola opinión vertida onte por unha das súas deputadas, Carmen Santos, na que dicía literalmente: “reivindicamos que non nos asasinen señores do PP de Galicia”. Esta acusación, metafórica ou non, transcende a lexítima crítica política. É un insulto á traxectoria dun partido que sempre foi exemplar na loita contra a violencia de xénero e un intento por vincular as nosas siglas co asasinato de mulleres no noso país. Carmen Santos non pode falar en nome de toda Galicia pero convén aclarar se fala en nome de toda a dirección de Podemos e de En Marea. Por tanto, o PP solicita unha aclaración e unha desculpa expresa por parte da deputada en cuestión pero, sobre todo, do seu xefe de filas para así poder xulgar con máis información se este foi un dos múltiples excesos verbais da esquerda rupturista ou unha acusación de moito maior calado e que podería ter recorrido máis alá dos estamentos institucionais.

No hay comentarios: