miércoles, marzo 22, 2017

NOVA ESTRATEXIA DE TURISMO DE GALICIA 2020

Feijóo destacou na rolda de prensa do Consello a aprobación da nova Estratexia de turismo de Galicia 2020 co obxectivo de seguir batendo récords de visitantes e preparar o Xacobeo 2021.
Coa finalidade de acadar unha subida dun 21% no número de turistas ata chegar aos seis millóns, ademais de seguir potenciando o turismo internacional ata que chegue a representar un terzo do total -o que se traduce en máis de dous millóns de visitantes estranxeiros-, Feijóo precisou que esta iniciativa contempla un investimento total de 240 millóns de euros para: construír un destino único e diferencial; impulsar unha nova forma de xestión que incorpore a todos os axentes da cadea de valor e que facilite a sustentabilidade sen renunciar a criterios de rendibilidade económica e social; e mellorar a captación de turistas e a súa fidelización a través dunha oferta segmentada e de calidade. Sobre a base destes grandes retos, a nova estratexia abordará 11 liñas de actuación que abarcan, a súa vez, un total de 90 propostas de acción: a paisaxe, os recursos naturais e a sustentabilidade; os valores diferenciadores e a súa potenciación; a mobilidade turística; os Camiños como dinamizadores do país; a cooperación na cadea de valor; a rendibilidade; a formación de calidade e profesionalización; a sensibilización sobre o turismo como motor de desenvolvemento; a comercialización; a internacionalización; e a innovación turística e as novas tecnoloxías.

No hay comentarios: