lunes, marzo 20, 2017

MANUEL BALTAR EN "TERRITORIO INTELIXENTE"

Manuel Baltar, inaugurou en Santiago de Compostela o foro "Territorio Intelixente", un evento de temática Smart Cities no que expertos analizan os retos dos territorios na era dixital desde os puntos de vista económico, ambiental, climático, demográfico e social. Baltar afirmou que interconectividade e participación cidadá "son claves na innovación da administración pública", e destacou que a innovación "é unha actitude obrigada na administración pública", porque no século XXI "a administración ou é electrónica ou non é administración".
O foro, organizado por Iecisa e no que colaboran o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela, tivo lugar no Parador de Compostela coa presenza de representantes institucionais, técnicos e investigadores dos ámbitos de "goberno aberto", transporte e mobilidade, plataformas Smart Cities e administración electrónica, co obxectivo de abordar os retos do crecemento territorial dentro do ámbito da dixitalización das poboacións. O presidente do goberno provincial falou de Ourense "como provincia emprendedora que aposta pola tecnoloxía no seu plan de mandato", e puxo como exemplo o proxecto "Provincia Intelixente", "impulsado pola Deputación da man de multinacionais como Vodafone e IBM". Manuel Baltar dirixiuse a técnicos e responsables políticos e empresariais reivindicando "o papel da colaboración público privada e do risco, como un compoñente habitual do éxito na xestión". "Innovar é ambicionar; ambicionar é mellorar, dixo Baltar, engadindo que a filosofía e o reto do noso traballo son: prestar o mellor servizo público aos veciños do noso territorio, coa interconectividade é a participación como conceptos clave que temos que combinar nas nosas actividades".

No hay comentarios: