viernes, marzo 24, 2017

INTERNET NE NOVA XERACION PARA O 90% DOS GALEGOS

O Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se solicita que o Goberno central, en colaboración coa Xunta, proceda ao despregamento de redes de acceso a internet de nova xeración de moi alta velocidade (100 megabytes), empregando os fondos europeos dos que dispoñen ambas administracións, cumprindo os obxectivos europeos de cobertura das redes de nova xeración. Así mesmo, demándase que se obrigue aos operadores a completar antes de 2020 unha cobertura que permita o acceso a unha velocidade de 30 megabytes por segundo a, cando menos, o 90 por cento dos habitantes das poboacións de menos de 5.000 habitantes de Galicia.

No hay comentarios: