lunes, marzo 27, 2017

DEMANDA DE MELLORAS SANITARIAS NA AREA DE VALDEORRAS

O deputado do PPdeOU Moisés Blanco reuniuse co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, para trasladarlle as demandas que esta materia sanitaria existen na comarca de Valdeorras. En concreto, Blanco demandou que se continúe mellorando tanto os servizos que se prestan como as infraestruturas existentes, mentres que o conselleiro avanzou que se impulsará a asistencia ao paciente crónico e un modelo de atención primaria máis proactivo.

No hay comentarios: