viernes, marzo 03, 2017

CONTINUAN OS BOS DATOS DE CAIDA DO DESEMPREGO

Os datos de paro de febreiro coñecidos este xoves marcan a caída nas cifras de desemprego nos colectivos especialmente sensibles, como os parados de longa duración, os mozos e as mulleres.  Miguel Tellado indicou que “Son grupos nos que o Goberno galego está a centrar moitos esforzos con políticas activas de emprego pensadas especialmente para eles, e en meses coma este vemos que están a dar un gran resultado”. Os datos tamén indican que Galicia xa recuperou 52.000 dos empregos destruídos durante a crise e seguimos con menos parados, máis afiliacións e máis contratacións. "A caída do desemprego en febreiro en termos interanuais foi en Galicia máis pronunciada ca na media de España”,  Galicia presenta 23.344 parados menos ca no mesmo mes do ano pasado, o que supón un descenso do 9,92% no que foi “o mellor febreiro de toda a serie histórica”.
Así, as cifras colócanse en niveis de 2010, isto é, nos máis baixos en sete anos. No mesmo sentido, Tellado fixo fincapé en que “as tendencias positivas seguen consolidándose” coas afiliacións á Seguridade Social, que cun crecemento dun 1,93% no pasado mes xa rexistran tres anos de subidas consecutivas. En termos máis concretos, celebrou que sexan “sectores clave” como a construción ou a industria os que están a liderar a creación de emprego, e que este fenómeno se reproduza nas catro provincias e nas grandes cidades.

No hay comentarios: