martes, marzo 14, 2017

BALTAR E KENNEDY

Manuel Baltar, iniciou en Nova York a primeira das tres xornadas de traballo que manterá coas autoridades e representantes institucionais e empresariais de Estados Unidos, de cara a preparar a segunda misión comercial USA-Ourense, que prevé ter un marcado carácter medioambiental. Manuel Baltar reuniuse con Robert Kennedy, avogado especialista en asuntos medioambientais de ámbito internacional, con que analizou estratexias de economía sostible para aplicar a empresas e gobernos locais intermedios, como os que engloba a rede europea "Partenalia", da que Baltar é vicepresidente. Baltar e Kennedy coincidiron en destacar a importancia que a aplicación de estratexias sostibles ten na competitividade empresarial e na mellora dos servizos públicos

No hay comentarios: