martes, marzo 28, 2017

AURELIO NUÑEZ RECUPERA A PORTAVOCIA DO PP NO CONCELLO DE CARBALLO

Aurelio Núñez Centeno tomou posesión como concelleiro do PP de Carballo en substitución de Miguel Ferreiro e na mesma sesión estreouse coma voceiro do seu grupo. O tamén deputado autonómico xurou o cargo e recibiu os parabéns do alcalde do BNG, Evencio Ferrero, que lle deu a benvida “de novo” ao salón de sesións, e dos/as portavoces do resto dos partidos. Ao novo voceiro popular xa lle tocou estrearse defendendo unha moción para instar aos grupos parlamentarios do Congreso dos Deputados a aprobar os orzamentos, pero, malia que suscitou o debate máis longo da sesión, a proposta foi rexeitada maioritariamente.

No hay comentarios: