domingo, marzo 26, 2017

ACORDO DE ESTABILIDADE NO CONCELLO DE PADRON

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e o voceiro do Partido Galeguista Demócrata (PGD), Ángel Rodríguez Conde, asinaron o acordo de gobernabilidade polo que os dous edís do PGD se incorporarán ao executivo local do PP ata finais do mandato para aportar estabilidade e darlle un novo pulo á acción de goberno.
En canto á distribución de responsabilidades, como xa se adiantou ao longo da semana, o acordo de gobernabilidade establece que Ángel Rodríguez Conde, que pasa a ser primeiro teniente de alcalde, incorporarase á Xunta de Goberno Local xunto co seu compañeiro do PGD Javier Guillán, o alcalde e os edís populares José Ramón Pardo e Lorena Couso -estes dous últimos serán segundo e terceira teniente de alcalde, respectivamente-.

Respecto á reorganización de competencias, o acordo establece que Ángel Rodríguez Conde será concelleiro de Servizos Sociais (excluíndo os servizos vinculados á Terceira Idade, Igualdade e Muller), Saúde Pública, Emerxencias, Persoal e Festexos. Pola súa parte, Javier Guillán será concelleiro de Servizos Básicos (alumeado público e xestión enerxética, abastecemento e saneamento de augas, limpeza viaria e recollida de residuos sólidos urbanos) e xestionará a praza de abastos, o mercado dominical e a venda ambulante.
Pola súa parte, José Ramón Pardo xestionará Urbanismo, Vivenda e Solo, Vías e Obras e Parques e Xardíns; Lorena Couso continuará coas áreas de Cultura, Política Lingüística, Turismo, Comercio, Casco Histórico, Xuventude e Voluntariado, Igualdade e Muller, Información e Comunicación; Andrés Sanmarco, con Deportes e Emprego; e Francisco García, con Educación e Terceira Idade.

No hay comentarios: