viernes, febrero 17, 2017

VILLARES DENDE O ESCANO MARCA CULPABILIDADES OU INOCENCIAS SEGUNDO CRITERIOS PARTIDISTAS

Miguel Tellado asegurou  que “sorprende como, desde un escano, Luis Villares está firmando sentencias de culpabilidade ou inocencia segundo criterios partidistas”.  Así se expresaba en resposta ao respaldo que o portavoz parlamentario de En Marea ofreceu ao edil de Compostela Aberta, Jorge Duarte, investigado por prevaricación administrativa.
“Confiamos en que quen exercera de xuíz sendo político non exerza de político sendo xuíz”, afirmou Tellado mentres apuntaba que a doutrina de Villares parece ser a de inculpar a quen pensa diferente e a de respaldar a quen milita no seu partido, pese a que outros tribunais si vexan presuntas actuacións delictivas. “De ser así toda a súa traxectoria xudicial quedaría empañada”.
Ademais, Tellado manifestou que o sectarismo na política é un ben a desterrar pero que sorprende aínda máis cando vén de alguén cuxa labor profesional consiste e impartir xustiza. “Conviría que para estender certificados de culpabilidade ou inocencia se atendera aos feitos e non ás afiliacións políticas”.
“Queremos pensar que esta imprudencia do señor Villares débese á súa obrigada necesidade de agradar aos alcaldes en cuxas mans reside o seu futuro político”, aseverou o secretario xeral do PPdeG.
Do mesmo xeito, Tellado tamén incidiu en que a debilidade de Villares o obriga a cometer ese tipo de erros. “Sería bo que non escurecese o seu pasado profesional ou comprometese o seu futuro na xudicatura por buscar un titular ocurrente”.

No hay comentarios: