miércoles, febrero 22, 2017

TERCEIRA PETICIÓN DE INFORME INDEPENDENTE

O PPdeG propuxo por terceira vez a aprobación polo Parlamento galego dunha declaración institucional na que se solicite a elaboración dun informe independente, incontrovertido e incuestionable sobre o accidente ferroviario de Angrois.
O deputado, Fernández Prazo, reiterou o interese do PPdeG de que se esclarezan completamente as causas deste accidente coa maior profundidade e rapidez posible, pero sinalou que “é necesario que se faga nos foros adecuados, nos que teñen competencias para elo e fuxindo de usos demagóxicos e partidistas deste tráxico suceso”. Martín Fernández iniciou a súa intervención manifestando a solidariedade do Grupo Popular coas vítimas e coas súas familias, “trasladándolles tamén o noso respecto, cariño e comprensión”. Neste sentido, reiterou “o interese do PPdeG de que se esclarezan completamente as causas deste accidente, unha demanda xusta das vítimas, dos familiares e do conxunto dos galegos que queren saber que pasou e que queren que, como consecuencia desta investigación, se tomen as medidas oportunas para que non volva a pasar”.
PROPOSTA DE DECLARACIÓN INSTITUCIONAL SOBRE O ACCIDENTE FERROVIARIO DE ANGROIS DO 24 DE XULLO DE 2013
O 24 de xullo de 2013 produciuse no lugar de Angrois, nas proximidades de Santiago de Compostela, o accidente de ferrocarril máis grave da nosa historia, no que faleceron 81 persoas e máis de 150, practicamente ata completar a pasaxe, sufriron feridas de distinta gravidade.
Aquela noite, tanto os veciños de Angrois como a sociedade galega, a través do persoal de emerxencias, sanitario, das forzas de seguridade e os servizos de doazón, responderon á grave situación demostrando que o pobo galego é un pobo solidario que soubo estar á altura das circunstancias nunha situación tan dramática como a xerada polo accidente ferroviario de Angrois.
O Parlamento de Galicia considera imprescindible, como acto de xustiza coas vítimas, os seus familiares e os seus achegados, e como garantía da seguridade do funcionamento dos servizos públicos, que se coñeza a verdade do que pasou.
O Parlamento de Galicia considera que o accidente de Angrois debe investigarse con independencia técnica e profundidade, á marxe das actuacións xudiciais, de tal maneira que os resultados de dita investigación cheguen a conclusións incontrovertidas sobre as súas causas e as medidas que hai que adoptar para garantir a seguridade do transporte ferroviario que transcorre polo territorio de Galicia e do conxunto de España.
Por ilo, e á luz da publicación do informe elaborado pola Axencia Europea Ferroviaria (European Railway Agency) para a Comisión Europea “en relación coas fortalezas e debilidades do Informe de investigación do accidente de Santiago de Compostela do 23 de xullo de 2013” (ERA/ADV/2015-6), o Parlamento de Galicia solicita, tal e como demanda o mencionado informe, que “se abra unha investigación que reúna os requisitos de independencia e analice como mínimo as debilidades ás que fai referencia este documento” respecto das investigacións ata o de agora realizadas.

No hay comentarios: