lunes, febrero 20, 2017

TELLADO A POSTA POR NOVOS LIDERAZGOS A NIVEL LOCAL

Os diarios O Progreso de Lugo e o Diario de Pontevedra, publicaron una entrevista a Miguel Tellado, da que resaltamos duas preguntas que foron leidas coidadosamente en A Coruña e Lugo.
O PPdeG anda centrado xa nas municipais de 2019 e haberá congresos locais inminentes na Coruña e Lugo. Sarián deles os candidatos?
Non, porque os congresos son mecanismos para renovar estruturas, elixir o novo presidente local e o comité executivo, pero a selección de candidatos é un proceso aparte. Iso si, queremos facelo coa antelación suficiente para que a cidadanía poida coñecelos e eles ou elas poidan traballar e elaborar os seus equipos, programas e proxectos.
Se fala de que teñen que darse a coñecer podemos intuir que haberá algúns cambios de caras, non?
Nós vivimos un proceso de renovación que deu resultados. Cambiamos tres das catro direccións provinciais e renovouse o equipo autonómico. Cremos na renovación e a nivel local deben xurdir liderados novos. Os congresos son unha oportunidade para abrir o partido e integrar xente nova e representantes da sociedade civil.

No hay comentarios: