martes, febrero 07, 2017

PRIETO PEREZ PRESIDENTE DO PP DE TRIVES

Jesús Prieto Pérez  é  o novo presidente da xunta local do PP de Pobra de Trives, logo de conseguir o cen por cen dos votos emitidos polos compromisarios asistentes ao congreso celebrado na sede dos populares deste concello. Prieto Pérez, agradecido pola confianza dos seus compañeiros, formulou como principal obxectivo político nesta nova etapa “a revitalización do partido no municipio, ilusionando e facendo partícipes de novo a afiliados e simpatizantes para que se impliquen no proxecto popular”.

No hay comentarios: