lunes, febrero 27, 2017

EXEMPLO DE TRANSPARENCIA

O Comité Executivo Provincial do PP de Ourense  aprobou os orzamentos do PP ourensán para 2017. Un plan económico que contará cunha dotación de preto de 321.000 euros para desenvolver a súa actividade, cantidade procedente das cuotas dos afiliados, das aportacións que realizan os cargos públicos e das transferencias do PP de Galicia.
Para Manuel Baltar “o trámite de hoxe é unha nova mostra da transparencia coa que traballa esta formación á hora de render contas da súa xestión”, lembrando que os populares ourensáns son o único partido da provincia en facer públicos os seus orzamentos para as campañas electorais e a liquidación final destes.
Baltar aproveitou tamén a reunión do Comité Executivo para recoñecer o traballo realizado pola delegación ourensá que participou no recente congreso nacional do PP, subliñando a implicación dos representantes ourensáns nos relatorios e aprobación dos documentos políticos.
Por outra banda, o comité, no exercicio das súas competencias para resolver os conflitos que poidan existir nas entidades territoriais da formación, acordou incoar senllos expedientes disciplinarios, que serán presentados diante do Comité de Dereitos e Garantías do PPdeG, aos concelleiros de Rairiz de Veiga José Antonio Fernández González e Manuel Ferreiro Fernández. O Comité de Dereitos e Garantías deberá resolver os citados expedientes en base aos artigos 16 e 17 dos estatutos, que establecen como falta grave ou moi grave “a desobediencia ás instruccións ou directrices que emanen dos órganos de goberno e representación do partido ou dos grupos institucionais do mesmo”.

No hay comentarios: