viernes, febrero 24, 2017

DESTAPANDO O DOBRE XOGO DO BNG

Alberto Pazos, acusou no Parlamento ao BNG de renunciar a que os veciños de todos os concellos da área metropolitana de Vigo accedan en condicións de igualdade ao transporte urbano da cidade viguesa. Neste sentido, cuestionou “por que apoian os veciños de Carballo ou Fene, gobernados polo BNG, utilizan o transporte urbano de A Coruña ou Ferrol, gobernadas pola Marea, nas mesmas condicións que os residentes nestas cidades, e ao mesmo tempo negan esta posibilidade a todos os veciños da área metropolitana”.
Alberto Pazos criticou que desde o BNG “se pida á Xunta que renegocie cun único alcalde a Lei da área metropolitana de Vigo, aprobada co consenso de 14 concellos e por unanimidade neste Parlamento, así como a retirada do recurso que esixe o cumprimento desa lei”. Así mesmo, rexeitou que “tamén se nos pida que se alcance un acordo para executar o convenio de transporte metropolitano garantindo as mesmas tarifas para todas as persoas usuarias con independencia da súa procedencia”. “Isto xa está recollido na disposición adicional decimo primeira da Lei da área metropolitana de Vigo, onde se recolle que esta incorporación realizarase nas mesmas condicións que o resto de municipios galegos adheridos ao Plan, garantindo a igualdade de tratamento de todas as persoas usuarias; e que dita incorporación non suporá incremento algún para a Xunta de Galicia ou para os outros concellos”.

No hay comentarios: