domingo, febrero 19, 2017

DEMANDAN A ELIMINACIÓN DA OBRIGATORIEDADE DA HABILITACIÓN NACIONAL PARA OS TESOUREIROS DOS CONCELLOS DE MENOS DE 10.000 HABITANTES

O Grupo Popular apoiou  no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno central a eliminación da obrigatoriedade da habilitación nacional para os tesoureiros dos concellos de menos de 10.000 habitantes. O acordo acadado na Comisión 1ª, logo dunha transacción realizada co BNG, inclúe solicitar ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas que manteña nos concellos de entre 10.000 e 20.000 habitantes a situación preexistente ata que se chegue a un acordo que satisfaga as pretensións da Federación Galega de Municipios e Provinciais (Fegamp). Alberto Pazos manifestou que “é preciso racionalizar as necesidades de todos concellos, entendendo que o que resulta innecesario nos concellos de menor tamaño, pode ser importante para garantir o rigor e a transparencia nos concellos de maior tamaño”.

No hay comentarios: