viernes, febrero 24, 2017

A BIPOLARIDADE ARGUMENTARIA DO BNG

O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, César Fernández Gil, criticou a “bipolaridade argumentativa” do BNG, porque “hai dous meses pedían derrogar o decreto de plurilingüismo e hoxe piden o seu cumprimento”.  “Nunca se debe poñer unha lingua nin outro ben cultural ao servizo dunha causa concreta, e aínda menos se falamos de causas políticas, pois lígase o futuro da lingua ao da ideoloxía política á que se asocia”.
Fernández Gil asegurou que a Xunta, a través da Consellería de Educación, “cumpre o decreto para o plurilingüismo no ensino non universitario e avalía os resultados, mesmo presentando os resultados neste Parlamento”. “Este sistema de avaliación permite que sexan os propios centros educativos os que introduzan os datos a través da aplicación de xestión XADE”.
Neste sentido, engadiu que esa información permite avaliar diversas subcompetencias, tanto a nivel gramatical como de léxica, que “son as que mellor poderían reflectir un dominio diferente das súas linguas que manexa o alumnado”. César Fernández reiterou que a Xunta “ten manifestado en numerosas ocasións que existe un equilibrio lingüístico no ensino, precisamente froito da aplicación deste decreto que permitiu recuperar a paz lingüística rota na etapa do Goberno bipartito”.

No hay comentarios: