viernes, enero 27, 2017

TERESA BARGE PRESIDENTA DO PP DA BOLA

Teresa Barge Bello recibiu o apoio unánime dos compromisarios do PP da Bola  para liderar una nova etapa á fronte dos populares deste concello. Reforzar a militancia e involucrar aos mozos na vida municipal coa creación dunha agrupación de Novas Xeracións son os principais obxectivos que Teresa Barge Bello (Caracas, 1960) ven de marcar para a súa nova etapa á fronte da xunta local, logo do congreso celebrado esta tarde e no que recibiu o apoio maioritario á súa candidatura como presidenta dos populares neste concello. A implicación de afiliados e simpatizantes será un dos eixos da actividade política de Teresa Barge, que se traduce na incorporación de 30 novos membros na xunta local, anunciou no seu discurso como nova presidenta.

No hay comentarios: