miércoles, enero 04, 2017

SEIS CONGRESOS LOCAIS NO PP DE OURENSE

Celebraranse congresos locais do PP a principios de febreiro en Arnoia, A Bola, Maceda, A Peroxa, Manzaneda e Pobra de Trives. Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas á presidencia das seis xuntas locais do PP  que celebrarán eleccións nas próximas semanas, os respectivos comités organizadores deron por formalizadas un total de seis candidaturas, unha por cada agrupación. Así, as candidaturas presentadas foron as de Rogelio Martínez González para a presidencia da xunta local de Arnoia; María Teresa Barge Bello na Bola; Rubén Quintas Rodríguez en Maceda; Salvador Fernández Cardoso en Manzaneda; Manuel Seoane Rodríguez na Peroxa; e Jesús Prieto Pérez, na Pobra de Trives. Os congresos celebraranse a finais de xaneiro e principios de febreiro, sendo as datas das convocatorias o día 20 de xaneiro en Arnoia; o 24 na Bola; o 26 en Maceda; o 27 na Peroxa; e o 31 en Manzaneda. En febreiro será o turno de Trives (día 2). A partir deste momento a quenda será para os afiliados nas respectivas xuntas locais, que haberán de formalizar a súa inscrición para cada congreso cumprindo os requisitos establecidos, como son a necesaria afiliación ao partido e estar ao corrente do pago das cotas. Con posterioridade poderán presentar o seu aval aos respectivos candidatos.

No hay comentarios: