lunes, enero 09, 2017

PUY INSISTE NA DISPOSICION DO PPdeG PARA OS ACORDOS

Pedro Puy reiterou “a disposición do PPdeG para chegar a acordos coa oposición”, á que demandou vontade para acadar consensos a curto prazo sobre cuestións como os investimentos do Estado na mellora das infraestruturas ferroviarias en Galicia ou no novo modelo de financiamento autonómico. No balance destes primeiros meses da X lexislatura, Puy salientou que “máis do 82 por cento dos puntos debatidos en Pleno foron a iniciativa da oposición”, o que pon de manifesto a súa capacidade de control e impulso ao Goberno galego.
Acompañado dos viceportavoces do Grupo Popular Miguel Tellado e Paula Prado, Pedro Puy sinalou que o Parlamento galego centrarase a curto prazo principalmente na aprobación dos orzamentos da Xunta para 2017 “que, por segundo ano consecutivo, se trata dunhas contas expansivas e deseñadas para trasladar a toda a sociedade galega os primeiros beneficios da recuperación económica”.

No hay comentarios: