viernes, enero 13, 2017

PSOE, EN MAREA E BNG QUEREN SUBIDA DO IRPF

Miguel Tellado, reprochou á oposición que, no debate sobre os orzamentos, pida desandar o camiño andado nas dúas pasadas lexislaturas. “PSOE, As Mareas de Podemos e BNG pedirán máis impostos e máis débeda pública”.
Tal e como indicou, segundo os documentos que presentaron no Parlamento, todos os partidos propoñen unha forte subida do IRPF e a creación de novos tributos, que supoñerían unha subida media de 200 euros anuais nos impostos que pagaría cada contribuínte galego. Deste modo, Tellado manifestou que baixo eufemismos como "política de ingresos non conformista" ou "maior soberanía fiscal", a esquerda reclama unha “navallada fiscal” por riba dos 200 millóns de euros.
Pola contra, asegurou que “as contas de 2017 volverán poñer negro sobre branco o modelo de xestión económica do PPdeG”. Tellado salientou que este modelo se fundamenta “no rigor na xestión das contas públicas, na aposta pola creación de emprego e a modernización dos sectores produtivos e nas baixadas de impostos unha vez superadas as dificultades financeiras”. “O noso modelo é moi claro. Galicia aplicouno fielmente desde 2009 e os cidadáns premiárono nas urnas en repetidas ocasións”, engadiu.
“Mentres no PPdeG cremos que o incremento de recursos da administración ten que vir dado da mellora da economía, a oposición cre que ten que vir de esquilmar aos cidadáns, que tantos esforzos fixeron durante a longa recesión”, admitiu incidindo en que, ademais, tamén piden aumentar a débeda pública, “non só para afogar ás xeracións presentes, senón tamén ás futuras”.
“Gustaríanos instar aos grupos de esquerda a que tomen o camiño da responsabilidade, das propostas realistas e a crítica construtiva. Ese é o camiño que levan tomando os galegos durante máis de oito anos”

No hay comentarios: